AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Convocatorias



Programa de residencias artísticas 2014: resolución

28/07/2014 De conformidade coa acta da Comisión de Valoración de Residencias Artísticas no Centro Coreográfico Galego 2014 de data 22 de xullo de 2014 e as puntuacións obtidas polos proxectos admitidos, resólvese a Convocatoria de Residencias Artísticas no CCG 2014, conforme a relación e posición dos proxectos admitidos segundo se expresa no ANEXO I.

En atención ao punto 7 das bases de convocatoria no seu apartado 1, cada un dos proxectos adxudicados deberán aceptar por escrito esta resolución no prazo de dez días contados desde a publicación da presente nos taboleiros de anuncios do Centro Coreográfico Galego e da AGADIC e nas súas páxinas web (www.agadic.info e www.centrocoreografico.org), e comprometerse co exposto nas bases da convocatoria.

De non ser así entenderase a súa renuncia a dita residencia quedando anulada a súa posición na listaxe que pasará a ser ocupada polo seguinte mantendo a orde establecida, as vacantes que aparezan por mor disto pasarán a ser ocupadas polos proxectos suplentes en rigorosa orde.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada diante do director da Agadic, de conformidade co disposto no artigo 114.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

ANEXO I

Listaxe de proxectos adxudicados:
Hibridology, presentado por Martina Martínez Barjacoba (23 puntos).
Trump!, presentado por Cristina Collazo Gómez (21 puntos)
Solipismo presentado por José Ángel Ríos Casás (19 puntos)

Listaxe de proxectos suplentes:
Actor, presentado por Rubén Pérez Pombo (18 puntos)
La niña barro, presentado por Alexandra Rodes Gómez (18 puntos)
El camino de Adelita, presentado por Lara Martorán García (16 puntos)
Prazo: 28/07/2014 - 31/12/2014

< Volver