AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Convocatorias



Selección de oito prazas de bailaríns/as para a produción "As catro estacións" da temporada 2016: convocatoria

Ao Departamento de Produción Coreográfica da Agadic (Centro Coreográfico Galego) correspóndelle o desenvolvemento da política de creación coreográfica relativa ao sector da danza en Galicia, segundo se establece no Estatuto da Agadic, aprobado mediante Decreto 150/2012, do 16 de xullo. Co obxecto de levar a cabo a produción coreográfica correspondente a temporada 2016, "As catro estacións", de A. Vivaldi, procede facer a selección dos bailaríns e bailarinas que formarán parte do seu reparto.

A convocatoria e as bases reguladoras deste proceso de selección foron publicadas o luns 11 de abril de 2016 na sección de avisos da web da Agadic.
Prazo: Do 12 ao 28 de abril de 2016
Prazo: 12/04/2016 - 28/04/2016
Ligazóns

< Volver

Outras convocatorias


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais