Selección de oito prazas de bailaríns/as para a produción "As catro estacións" da temporada 2016: listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe, 10 de maio de 2016, no seu web a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso de selección para a cobertura de 8 prazas de bailaríns/as para a produción As catro estacións da temporada 2016 do seu departamento de produción coreográfica, segundo a seguinte RESOLUCIÓN.