A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe, 24 de maio de 2016, o
acordo do tribunal encargado da selección para a cobertura de 8 prazas de bailaríns/as para a produción As catro estacións, da temporada 2016 do seu Departamento de Produción Coreográfica, sobre o desenvolvemento da primeira fase de selección.
Unha vez rematada esta fase o tribunal acorda a publicación da listaxe de persoas seleccionadas para a segunda fase, concedéndose un prazo de TRES DÍAS HÁBILES para formular as alegacións que consideren oportunas.
O tribunal informa de que a data probable da segunda fase (audicións) será o próximo día 10 de xuño na sede do Centro Coreográfico Galego (Praza de Agustín Díaz Sánchez, s/n. Complexo Deportivo de Elviña. A Coruña). A data será confirmada, xunto coa hora exacta de comezo da proba, na publicación da listaxe definitiva de seleccionados/as para esta segunda fase. Os candidatos/as deberán comparecer provistos de documento acreditativo da súa identidade (DNI, NIE, pasaporte...)
Infórmase tamén que as dúas probas da segunda fase se desenvolverán no mesmo día.
-
Acordo do tribunal sobre a primeira fase do proceso
-
Resolución de nomeamento do tribunal
-
Resolución pola que se aproba e resolve a publicacion da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas neste proceso
-
Resolución pola que se aproba e resolve a publicacion da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas neste proceso
-
Convocatoria do proceso de selección