AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Convocatorias



Selección de oito prazas de bailaríns/as para a produción "As catro estacións" da temporada 2016: listaxe definitiva de persoas seleccionadas na primeira fase e convocatoria da segunda (audicións)

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe, 31 de maio de 2016, o acordo do tribunal encargado da selección para a cobertura de 8 prazas de bailaríns/as para a produción As catro estacións, da temporada 2016 do seu Departamento de Produción Coreográfica, para a comunicación da listaxe de persoas seleccionadas para a segunda fase, con carácter definitivo.

O tribunal informa de que a data da segunda fase (audicións) será o próximo día 10 de xuño, ás 9.30 horas, na sede do Centro Coreográfico Galego (Praza de Agustín Díaz Sánchez, s/n. Complexo Deportivo de Elviña. A Coruña). Os candidatos/as deberán comparecer provistos de documento acreditativo da súa identidade (DNI, NIE, pasaporte...)

Infórmase tamén de que as dúas probas da segunda fase se desenvolverán no mesmo día.

A segunda proba consistirá en desenvolver un fragmento de diverso material coreográfico dos coreógrafos convidados (Iker Gómez e Kenneth Tindall). O material será mostrado previamente aos/ás aspirantes no momento da proba. O tribunal poderá pedir traballo de dúos. A puntuación máxima que poden conseguir os/as candidatos/as nesta proba será de 30 puntos. Esta proba terá lugar unha vez publicada a listaxe de seleccionados/as na primeira proba.

-Acordo do tribunal para a pubicación da listaxe definitiva de aspirantes que superan a primeira fase e convocatoria da segunda fase

-Acordo do tribunal sobre a primeira fase do proceso

-Resolución de nomeamento do tribunal

-Resolución pola que se aproba e resolve a publicacion da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas neste proceso

-Resolución pola que se aproba e resolve a publicacion da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas neste proceso

-Convocatoria do proceso de selección
Prazo: 31/05/2016 - 10/06/2016

< Volver

Outras convocatorias


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais