AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Convocatorias



Programa de coproducións 2017-2018: convocatoria

DIRIXIDO A:
Compañías ou creadores/as profesionais privados de danza con sede en Galicia, constituídas como entidades con ánimo de lucro.

CONDICIÓNS XERAIS DA COPRODUCIÓN:

A aportación da Agadic, a través do Centro Coreográfico Galego será:
- Aportación económica. A contía máxima destinada a cada contrato será de 20.000 euros por proxecto, impostos incluídos. A aportación nunca será superior ao 80% do proxecto.

-A cesión de uso da sala de ensaios do Centro Coreográfico Galego, sempre previa autorización da Coordinadora do Departamento de Produción Coreográfica, e nas condicións fixadas pola autorización.

O proxecto deberá ser orixinal e non ter sido producido con anterioridade.

SOLICITUDES:
Para participar na selección é preciso cubrir a ficha que se xunta e achegar a seguinte documentación:

1. Memoria explicativa do proxecto onde se especifique o título e autor do espectáculo, a ficha artística e técnica, a data e o local previsto para a estrea.

2. Orzamento total pormenorizado

3. Memoria da traxectoria da entidade solicitante e currículos dos integrantes do proxecto, indicando estudios realizados, actividades profesionais desempeñadas e outros datos representativos da súa formación. Así mesmo, enviarase unha declaración responsable de que a entidade está dada de alta no IAE nun epígrafe correspondente á súa actividade.

PRAZO:
As compañías ou profesionais interesados deberán enviar as súas propostas ata o día 17 de outubro de 2017. As solicitudes serán enviadas ao Rexistro da Axencia Galega das Industrias Culturais, na Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n, 15707 Santiago de Compostela.

CRITERIOS DE SELECCIÓN:

• Calidade e interese do proxecto artístico (ata 8 puntos)
• Traxectoria profesional e solvencia da compañía e dos artistas (ata 8 puntos)
• Achega ao desenvolvemento e a renovación das artes escénicas en Galicia (ata 4 puntos)
• Apoio doutras estruturas na coprodución e financiamento (ata 5 puntos)

SELECCIONA:
O comité de selección estará formado por 5 persoas de recoñecido prestixio, nomeadas pola Dirección da Agadic, actuando a directora do CCG de Presidenta. O comité enviará a proposta de contratación á Dirección da Agadic, tras o que se procederá á sinatura do contrato con cada unha das entidades.

COMPROMISOS:
As compañías seleccionadas comprométense a asinar o contrato de coprodución coa Agadic, coas condicións fixadas, e de acordo coa proposta presentada e avaliada, que terá carácter contractual.

As compañías comprométense ás obrigas de publicidade e imaxe corporativa da Xunta establecidas no contrato.

As compañías asumirán toda relación laboral e/ou mercantil coas persoas que formen parte da coprodución. En ningún caso, o outorgamento do contrato suporá a existencia dunha relación funcionarial ou laboral entre a Agadic e o contratista. As compañías quedan obrigadas, respecto do persoal destinado ao servizo, ao cumprimento da normativa laboral, da Seguridade Social e de prevención de riscos laborais e seguridade e saúde no traballo que se encontre vixente en cada momento.

O prazo de execución do contrato será de 12 meses desde a sinatura do mesmo.

As compañías comprométense a un mínimo de 4 actuacións, estrea incluída durante eses doce meses. Non serán tidas en conta para este mínimo as actuacións contratadas nas Redes da Agadic, nin as funcións subvencionadas por resolucións de convocatorias de subvencións da Agadic.
Prazo: 22/09/2017 - 17/10/2017
Ligazóns

< Volver

Outras convocatorias


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais