A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Universidade fai pública na súa
web a Resolución do 12 de feberiro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de selección de proxectos para a contratación, en réxime de coprodución, de tres espectáculos de danza en calquera das súas modalidades.
Esta contratación insírese no programa de coproducións de espectáculos que a Agadic desenvolve a través do seu Departamento de Produción Coreográfica (Centro Coreográfico Galego) co obxectivo de favorecer a produción neste ámbito artístico, impulsar a creación de espectadores para a danza, consolidar produtos culturais competitivos que xeren retorno e, en definitiva, buscar a excelencia nos produtos culturais galegos.