AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Convocatorias



Selección de proxectos para a contratación, en réxime de coprodución, de tres espectáculos de danza: bases reguladoras

28/04/2022.- A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia fai pública na súa web a resolución pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de selección de proxectos para a contratación, en réxime de coprodución, de tres espectáculos de danza en calquera das súas modalidades, no ano 2022.

Esta contratación insírese no programa de coproducións de espectáculos que a Agadic desenvolve a través do seu Departamento de Música e Danza (Centro Coreográfico Galego) co obxectivo de favorecer a produción neste ámbito artístico, impulsar a creación de espectadores para a danza, consolidar produtos culturais competitivos que xeren retorno e, en definitiva, buscar a excelencia nos produtos culturais galegos.
Prazo: 20 días naturais, contados a partir do día seguinte á data de publicación (28 de abril de 2022) do anuncio na web da Agadic.

Presentación: Obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado xenérico PR004A da sede electrónica da Xunta de Galicia, acompañado da documentación requirida na resolución.
Prazo: 29/04/2022 - 18/05/2022

< Volver

Outras convocatorias


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais