28/04/2022.- A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia fai pública na súa
web a resolución pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de selección de proxectos para a contratación, en réxime de coprodución, de tres espectáculos de danza en calquera das súas modalidades, no ano 2022.
Esta contratación insírese no programa de coproducións de espectáculos que a Agadic desenvolve a través do seu Departamento de Música e Danza (Centro Coreográfico Galego) co obxectivo de favorecer a produción neste ámbito artístico, impulsar a creación de espectadores para a danza, consolidar produtos culturais competitivos que xeren retorno e, en definitiva, buscar a excelencia nos produtos culturais galegos.
Prazo: 20 días naturais, contados a partir do día seguinte á data de publicación (28 de abril de 2022) do anuncio na
web da Agadic.
Presentación: Obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado xenérico
PR004A da sede electrónica da Xunta de Galicia, acompañado da documentación requirida na resolución.