AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Convocatorias



Selección de proxectos para a contratación, en réxime de coprodución, de tres espectáculos de danza: bases reguladoras

28/04/2023.- A Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia publica na súa web as resolucións coas bases do procedemento de selección de proxectos para a contratación, en réxime de coprodución, de tres espectáculos de danza en calquera das súas modalidades, un deles reservado para compañías ou profesionais emerxentes.

Esta contratación insírese no programa de coproducións do Centro Coreográfico Galego co obxectivo de favorecer a produción neste ámbito artístico, impulsar a creación de espectadores para a danza, consolidar produtos culturais competitivos que xeren retorno e, en definitiva, buscar a excelencia nos produtos culturais galegos.
Prazo: Do 29 de abril ao 18 de maio de 2023: 20 días naturais, contados a partir do día seguinte á data de publicación (28 de abril de 2023) das resolucións na web da Axencia Galegas das Industrias Culturais.

Presentación: Obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado xenérico PR004A da sede electrónica da Xunta de Galicia, acompañado da documentación requirida nas bases.

< Volver

Outras convocatorias


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais