AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Profesionais e estudantes



Obradorios / Seminarios-ADESTRAMENTO REGULAR PARA BAILARINS E OUTROS PROFESIONAIS DAS ARTES DO MOVEMENTO

Formacion Regular de Ioga

[03/03/2008 - 24/06/2008]
Descarga o pdf do curso
O ioga é unha técnica que traballa o corpo, a mente e o espírito; unha disciplina integral a través da que acadar o equilibrio. É unha ferramenta esencial para bailaríns e outros profesionais Das artes do movemento, coa que tomar conciencia e control do propio corpo, e coa que espertar a conexión entre este e a mente. O ioga é unha práctica cada vez máis empregada como adestramento polos bailaríns porque lles permite levar a cabo un movemento consciente, acadando o equilibrio necesario entre forza e flexibilidade.

Erick P. Jiménez Vindas
Realiza estudos de arte con especialidade en teatro, teoloxía e socioloxía; e estudos superiores na Universidade Nacional de Costa Rica especializándose en danza contemporánea, traballando coas máis importantes compañías dese país. No 2004 inicia o seu labor como profesional independente traballando con artistas da talla de Nandayure Harley, Hill Swanson ou Christy Harrys.
En España ten colaborado con proxectos de danza como Neodans, Enclave Dance Company ou Inquedanza. Tamén desenvolve o seu traballo como docente impartindo workshops en escolas, universidades e festivais de relevancia internacional. Gañou, entre outros, o premio do público á mellor coreografía coa peza Caracola no Certame Coreográfico de Sevilla. Como asistente de dirección e coreografía traballou co CCG en ‘Vacuo’ de Maruxa Salas e coa Cia. Neodans. Actualmente compaxina a súa carreira artística cos estudos de Ashtanga Yoga, Quiromasaxe e Osteopatía.

Enderezo de inscrición:

Centro Coreográfico Galego
Polideportivo de Elviña
Avda. de Glasgow 11, 15008 - A Coruña

Aqui el titular4:

Luns e martes de 19.30h a 21.00h

Aqui el titular5:

Profesionais da danza e outras artes do movemento

Formulario

Se o desexas, podes preinscribirte neste curso do Centro Coreográfico Galego cubrindo o seguinte formulario.

Lembra que todos os campos son obrigatorios.

Os datos recibidos serán empregados unicamente para os fins relacionados co Centro Coreográfico Galego e en todo momento respectarase o que sinala a Lei de Protección de Datos -Lei Orgánica 15/1999, de 13/XII, de Protección de Datos de Carácter Persoal e Real Decreto 994/1999, de 11/VI, polo que se aproba o Regulamento de Medidas de Seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal-.



< Volver


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais