AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Profesionais e estudantes



Obradorios / Seminarios-CICLO DE MASTER CLASS 2010

Danza clásica

[26/04/2010 - 30/04/2010]
Máster class impartida por Hervé Ilari

Hervé Ilari naceu en Cannes. Comeza os seus estudos de ballet aos sete anos en varios conservatorios, onde aprende diferentes técnicas de danza (Bournonville, Vaganova, Cechetti, danza moderna, jazz, etc). Aos 16 anos obtén o seu primeiro contrato co Ballet du Capitôle de Toulouse e a partir de 1999 forma parte do Ballet da Ópera de Niza.

Máis tarde foi contratado durante dúas tempadas por Germinal Casado en Karlsruhe (Alemaña). Aos 21 anos é nomeado bailarín solista e a continuación bailarín principal no Ballet do Teatro de Monchengladbach (Alemaña). Participou como bailarín convidado en numerosas galas en EE.UU., Italia, Hungría, Exipto, Francia, Portugal, Alemaña...

Interpretou os papeis principais en ballets como Romeo e Xulieta, Coppélia, O crebanoces, O Corsario, La fille mal gardée, La Bayadère, A bela durminte, Giselle, etc. e en coreografías de George Balanchine, Germinal Casado, Heidrun Schwaarz, Nils Christe, Youri Vamos, Mauricio Wainrot, Marc Ribaud, Eleonora Gori, Patrice Bart, etc

En setembro de 2002 obtén o diplôme d’Etat de professeur de danse do Ministerio de Cultura francés e compaxina a súa actividade pedagóxica e artística cos estudos de osteopatía.

{*titular8}:

Prezo da matrícula: 50 euros (semana) ou 15 euros (clase solta)

Enderezo de inscrición:

Centro Coreográfico Galego
Tel.: 981 134 946 / Fax: 981 138 294
formacion.ccg@xunta.es / actividades.ccg@xunta.es

Aqui el titular4:

De 9.30 a 11.30 horas

Aqui el titular5:

Profesionais da danza e estudantes de nivel medio-alto

Formulario:

8

< Volver


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais