AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



A peza


ALICIA EN GRUSIA PROYECT

ESTELA LLOVES: Vigo - 1970. Bailarina, actriz e coreógrafa, estudou danza con Carmen Werner, Camina Ocaña, Elena Córdoba, Olga Mesa, Mónica Valenciano, Andrés Corchero, Min Tanaka e Hisako Horikawa. Tamén realizou estudos de teatro con Ana Vallés, Roger Colom e Carlos Marquerie.
Traballou, entre outros, con Matarile Teatro, Cia A Raia, Cia.Andrés Corchero. Colaborou na U.V.I. (Proxecto de investigación dentre das artes escénicas coordinado por María José Ribot, Elena Córdoba, Olga Mesa e Blanca Calvo) e participou como dance-performer en diversos actos organizados polas universidades de Belas Artes de Granada, Valencia e Barcelona.
Participou no Encontro de Coreógrafos Europeo-Americano do Sur organizado polo Festival Panorama de Río de Janeiro.

TANIA ARIAS WINOGRADOW: Titulada en ballet clásico pola Real Escuela Superior de Danza de Madrid, tamén realizou estudos de danza contemporánea, contact improvisación e composición.
Foi bailarina en compañías como Ballet de Víctor Ullate, Aracaladanza, Larumbe Danza, EL Curro DT ou El Tinglao; e en pezas dirixidas por Mathilde Monnier, Gilles Jobin ou Mark Tompkins, entre outros. Traballou como asistente en escena de La Ribot na peza ‘40 espontáneos’.
Conta tamén cunha gran experiencia como profesora de danza e traballo corporal, desenvolvendo a súa actividade docente en centros como: Aula 11, St. Anne’s School, Centro de Técnicas Corporales y Danza Esklepion, etc.
grusia

Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais